inicio cursos mestres inscrición contacto / info







David Mayoral

Inicia a súa formación musical da man de Hebe Onesti (educación auditiva) e do mestre Horacio Icasto (piano). A súa andaina no mundo da percusión clásica comeza con Juanjo Guillem e posteriormente interésase pola percusión histórica, recibindo clases do mestre Pedro Estevan. Paralelamente estuda percusión árabe con Shokry Mohamed e Salah Sabagh. Completa a súa formación con cursos e clases maxistrais de Glen Vélez (req e frame drumming), Keyvan Chemirani (zarb) e Pejman Haddadi (zarb e daff).

Desenvolve a maior parte da súa actividade en grupos dedicados á música medieval, renacentista e barroca (L´Arpeggiata, Mudéjar/Begoña Olavide, Hespérion XXI, La Capella Reial de Catalunya, Kapsberger Ensemble, Eduardo Paniagua, Axivil, Orphenica Lyra, Camerata Iberia, Dufay Colletive, Cuarteto de Urueña, Ensemble L´Amoroso, Les Sacqueboutiers...) cos cales ten actuado por toda Europa e numerosos países do mundo (Festival de Músicas Sagradas de Fez, Instituto Cervantes de Beirut, Ópera de O Cairo en Exipto, Siria, Túnez, Festival de Oud de Xerusalén, Kuwait, Feira do Libro en Cuba, Brasil, Estados Unidos, etc.).

No campo das músicas étnicas e de fusión actuou entre outros grupos con Radio Tarifa, Luis Delgado, Cuarteto de Javier Coble, Albaraka, Alquimia e co ballet flamenco de Joaquín Ruiz. Forma parte do trío Transit, no que se presenta dunha maneira pedagóxica unha viaxe polas tradicións musicais da India, Cuba ou Oriente Próximo a través dos seus instrumentos de percusión.

Tocou en numerosas compañías de danza oriental, destacando a Compañía Hispano-Arabe de Danza de Shokry Mohamed, a compañía Al-Andalus Danza dirixida por Nesma (Julia Salmerón) e a Compañía de Danzas del Mundo (Cristiane Azem e Lenna Beauty).

Entre as súas colaboracións discográficas destacan: Tánger (Luis Delgado/Nubenegra), Ibn-Arabi, Bestiario, Cantigas de Santa María de Atocha, Latidos de Al-Andalus (Sello Pneuma), Passion for Percussion (con Shokry Mohamed), La Música del Antiguo Egipto (N.A. Recordings), Al-son (Mudéjar), Altre Folie y Estampies & Danses Royales (Jordi Savall/Alia-Vox), Los Imposibles (L’Arpeggiata/Naïve), Teatro d´Amore (L`Arpeggiata/Virgin) e El Fuego (Les Sacqueboutiers).






Consorcio de Santiago Xacobeo 2010 Xunta de Galicia | Consellería de Cultura e Turismo

Master09

Logos