inicio cursos mestres inscrición contacto


 





Carlos Castro
(A Coruña)

Percusionista vinculado á docencia desde o ano 87, actualmente é o xefe do departamento de percusión do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Forma parte do grupo folk Fía na Roca, e participa tamén con Xosé Manuel Budiño, os grupos Martín Códax, Resonet e Meendinho (Paulina Ceremuzynska) de música antiga, a orquestra OMEGA de improvisación, o Techné Ensemble e Catroventos (do movemento FUC).

De entre as case 50 gravacións nas que participou están a maioría dos grupos actuais de música galega. Ten colaborado con numerosas agrupacións desde orquestras sinfónicas até bandas e grupos de rock, folk ou jazz, entre eles, DOA, Fuxan Os Ventos, Filloa Express, Baldo Martínez Grand Ensemble, a Orquestra de RTVE e Siniestro Total

Tamén participou como compositor e intérprete en música para publicidade, teatro, cine e TV. Deixou a súa pegada na banda sonora da película O camiño das estrelas de Chano Piñeiro así coma en diversas producións do Centro Dramático Galego.

Ten publicado xunto coa pianista Sol Bordas O Centro Integrado de Música, editado polo Relatorio de Música do Consello da Cultura Galega. Tamén o libriño de arranxos de música popular Catro cancións para instrumentos de láminas publicado pola Fundación Mayeusis, e unha metodoloxía para principiantes na percusión esto é percusión! da editorial Dos acordes.






AGADIC Consorcio de Santiago Xacobeo 2010 Xunta de Galicia | Consellería de Cultura e Turismo