A necesidade de cantar
A percusión como acompañamento do cante e baile
con Eliseo Parra
○ Datas: 26 e 27 de maio
○ Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia
○ Prezo: 50 euros
○ Prazas: 15 alumnos (seleccionados polos profesores entre os currículos recibidos) |
A percusión tradicional propia da península ibérica que, en mans do pobo, acompañou o canto durante séculos, quere revivir de novo nas escolas de percusión e nos músicos.
Neste taller estúdase a técnica e a maneira de tocar instrumentos tradicionais, como o pandeiro cadrado, pandereitas, almirez, tixola, triángulo, cana de bambú, as palmas, etc. Tamén se comentará a orixe e a evolución no tempo de cada instrumento, e os diferentes tipos, tamaños, materiais que o forman, variedades que perviven ou existiron na península, así como o uso que se lles deu.
En segundo lugar, ensinaranse os ritmos tradicionais da península ibérica e das illas españolas: seguidillas, xotas, fandangos, ritmos en 6/8, corridos, etc.
A percusión como soporte do canto, en mans da mesma persoa, é un tándem común nas músicas tradicionais de medio mundo; no noso país serviu para bailar principalmente, pero tamén para outros usos tales como: ramos, cancións, panxoliñas, etc. En definitiva, cantar e tocar ao mesmo tempo é a proposta para este curso sobre cantares e bailes de boa parte de España.
Un paseo polo noso descoñecido acervo cultural que nos axudará, de paso, a saber de onde vimos para coñecernos un pouquiño máis e mellor.
|