Técnica e estilos do violín escocés
con Duncan Chisholm,acompañado do violinista Iain MacFarlane e o guitarrista Ewan Robertson.
○ Datas: 17, 18 e 19 de novembro de 17.00 a 21.00 horas
○ Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia
○ Prezo: 100 euros
○ Prazas: 15 alumnos (seleccionados polos profesores entre os currículos recibidos) |
O obxectivo deste curso é ofrecer unhas valiosas claves para comprender a tradición escocesa así como ensinar aos alumnos un conxunto de melodías de calidade que poidan engadir ao seu repertorio.
Contidos:
A relación estilística entre a música de violín tradicional e a das gaitas escocesas:
- Historia desta relación e as diferentes inflexións utilizadas para imitar o estilo das gaitas co violín
- Aprendizaxe de melodías relevantes para unha mellor comprensión desta parte fundamental da música escocesa
Achegamento á interpretación de aires tradicionais, tanto gaélicos coma doutros tipos:
- Historia destes temas musicais e as diferentes técnicas para interpretalos correctamente
|