inicio cursos mestres inscrición contacto


 





A improvisacion libre. A composición en movemento
con Chefa Alonso

Datas: 16, 17 e 18 de decembro de 10.00 a 14.00 horas
Lugar: Escola de Altos de Estudos Musicais de Galicia
Prezo: 100 euros
Prazas: 15 alumnos (seleccionados polos profesores entre os currículos recibidos)

O obxectivo deste curso é introducir aos músicos na improvisación libre, dunha forma gradual e imaxinativa. Traballar metodicamente distintos aspectos da improvisación, tomada como un modelo de comunicación colectiva, onde unha forma de expresión individual vai interactuar coas dos demais improvisadores.

Algúns aspectos xerais que se traballarán neste taller son: a escoita, a concentración, a interacción, a confianza, a decisión musical, a enerxía, a exploración melódica, rítmica e tímbrica do instrumento, o silencio, a memoria musical, o risco, a ocorrencia musical, o desenvolvemento da propia linguaxe e a intención musical.

Contidos:

Técnicas básicas de improvisación libre:

  • Exploración non convencional do instrumento
  • Creación de diferentes atmosferas
  • Pequenos solos, dúos encadeados
  • Construción de miniaturas con caracteres moi diferentes
  • Recreación de obstinatos
  • Imitación e contraste dunha proposta musical
  • Exploración de timbres e de sons con e sen o instrumento

Traballo rítmico:

  • Compases irregulares
  • Diversidade de pulsos
  • Traballo polimétrico
  • Ausencia de pulso

Estruturación de pezas de improvisación libre:

  • Trátase de "compoñer" unha ou varias pezas de improvisación libre, que poidan estar dirixidas e/ou estruturadas, poñendo en xogo os elementos que se traballaron anteriormente.


AGADIC Consorcio de Santiago Xacobeo 2010 Xunta de Galicia | Consellería de Cultura e Turismo