inicio cursos mestres inscrición contacto


 





A percusión non tradicional na música folk galega
con Carlos Castro

○ Datas: 4, 11 e 18 de decembro de 17.00 a 21.00 horas
○ Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia
○ Prezo: 100 euros
○ Prazas: 15 alumnos (seleccionados polos profesores entre os currículos recibidos)

O obxectivo desta Master Class é achegar unha visión persoal sobre a utilización da percusión, que sirva para orientar e completar o papel do percusionista dentro da música folk galega.

O curso ofrecerá unha visión xeral de todos os instrumentos non tradicionais que inflúen na nosa música, deixando espazo tamén para a percusión tradicional. Os alumnos poden traer instrumento pero non é obrigatorio, dependerá do grao de participación que desexe cada persoa. O propio profesor encargarase de levar certos instrumentos para que en determinados momentos, todos poidan tocar á vez.

Contidos:

As etiquetas da música: música folk.
 
A historia recente nas súas gravacións: audicións, transcripcións, etc.
 
Instrumentos comúns:

  • T écnicas
  • Combinacións
  • Función na música

Instrumentos melódicos:

  • Tratamentos melódicos
  • Tratamentos harmónicos
  • Combinacións
  • Función na música

Traballo e montaxe de exemplos prácticos:

  • De gravacións, etc.
  • Dos alumnos

Tarefas de traballo individual


AGADIC Consorcio de Santiago Xacobeo 2010 Xunta de Galicia | Consellería de Cultura e Turismo